[...] A extraordinaria profundidade do edificio de Gallego realízase cun mínimo de medios: unha presada de detalles ben coidados, mesmo ás veces aparentemente idiosincráticos, un esquema estructural e conceptual aparentemente sinxelo, e máis alá do detalle, un silencio na zona media da nosa percepción, onde a maioría dos edificios buscan o noso apoio, un silencio que nos dirixe máis ó fondo cara a substancia intanxible da arquitectura, onde a verdadeira complexidade do proxecto se revela, onde o espacio, o movemento e a luz convértense en elementos tanxibles, tan sensualmente materiais coma o granito, aceiro inoxidable, vidro, aluminio e madeira de faia do edificio. [...]
>Deadline: 27.12.2020, 23:55h.
NOTA: Las cuestiones relativas a la práctica habrán de ser planteadas preferiblemente en forma de comentario a esta entrada.
[imx. Lluis Casals para Tectónica 1]
0 comentarios:
Publicar un comentario